Galicia Vigo al minuto

O alcalde leva á Xunta ante a xustiza polo pago das garderías ainda que é un acordo aprobado polo PSOE

Caballero asegura que é unha decisión unilateral e dende a Xunta sinalan que é un acordo de 2017 votado polo PSOE

O alcalde  adiantou este mércores que o Concello  iniciará a interposición dun recurso contencioso-administrativo á vista de que, por lei, «a Xunta obriga a Vigo a pagarlle algo máis de 200.000€»  polo réxime de cofinanciamento para as escolas infantís da rúa Palencia e de Valladares, que xestiona o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

“Por que temos que pagar nós algo que é competencia exclusiva, obrigación e decisión unilateral da Xunta de Galicia?”, preguntouse este mércores Abel Caballero.

Xunto ás nomeadas escolas infantís, a administración galega tamén carga ao Concello outros 350.000€ para cofinanciar os centros de día autonómicos de Teis, Coia e Lavadores, o cal tamén foi recorrido por vía administrativa polo Concello.

En total, subliñou o alcalde, supón un custo para Vigo superior aos 550.000€ anuais ante o cal, Caballero sentenciou que “se acabaron as contemplacións: o matonismo político de Feijóo vai ter resposta nos tribunais”.

Un modelo de financiamento acordado polo PSOE

Dende o Goberno de Galicia lembran que o modelo de cofinanciamento está vixente dende 2017, é de aplicación en todos os concellos que forman parte do Consorcio Galego de Benestar  e foi acordado «por unanimidade» entre todas as forzas polítivas na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o alcalde de Vilagarcía, do Partido Socialista. Así mesmo, dende a Xunta subliñan que Vigo forma parte deste Consorcio, de xeito voluntario, dende 2007.

Para o Goberno galego o anuncio do alcalde «non é novidoso pois leva dende 2017 resistíndose a padar a parte que lle corresponde das escolas infantís municipais». Durante este tempo o Concello de Vigo acumulou unha débeda de 1,3 millóns, polos tres centros de día e as dúas escolas infantis do Consorcio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.