Comarcas

@concellodorosal apoia a manifestación en defensa da Sanidade Pública

O Concello do Rosal vén de trasladar o seu apoio á «gran manifestación en defensa da sanidade pública» que se celebrará o vindeiro domingo, 9 de febreiro, en Compostela.
O equipo de Goberno «anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade» convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar contra o desmantelamento dos centros de saúde, contra o deterioro da atención primaria e dos PAC de Urxencias e contra a precariedade laboral do persoal sanitario.
O Concello do Rosal denuncia a situación de «precariedade da sanidade pública» na comarca e defende “o dereito de toda a veciñanza a unha sanidade pública, digna e de calidade, un dereito que debe ser intocable”, salientou a alcaldesa.
 Ánxela Fernández salienta que «a falta de medios materiais e persoais é unha constante dende hai anos no Rosal», unha situación que se trasladou en numerosas ocasións á Consellería de Sanidade e ao Sergas sen obter unha resposta que dea solución aos problemas non só no municipio, senón en toda a comarca.
“O Concello defenderá sempre o interese colectivo loitando pola defensa do que consideramos unha necesidade básica da nosa veciñanza”, subliñou.
Na actualidade, concluiu, o Concello vén sufrindo na área sanitaria deficiencias motivadas pola falta de cobertura de prazas e o alto ratio de Tarxetas Sanitarias Individuais atendidas polo persoal médico, o que provoca unha sobrecarga nas consultas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.