Destacados Sucesos

Unha batida de caza obriga a suspender unha actividade ambiental en Vigo

Este sábado 1 de febreiro ADEGA Vigo tivo que suspender unha actividade de educación ambiental no proxecto de custodia do territorio do Couto da Eirexiña por mor da realización dunha batida de caza nos terreos a interpretar.

ADEGA vén de tramitar unha denuncia á administración competente xa que, indican dende a asociación “detectamos varias prácticas irregulares na batida que incumprían a lexislación vixente en materia de caza.”

A asociación ecoloxista  denuncia, tamén, a hexemonía da actividade cinexética nos montes galegos, así como o “estado de vulnerabilidade e de perigo que sentimos máis de 40 voluntarias pola práctica dunha actividade que puxo en risco as nosas vidas así como a dos animais”.

A xuízo da ADEGA “amosouse unha vez máis a falta de regulación para a convivencia de actividades de uso público no monte galego, na que a administración da Xunta favorece sempre a práctica anacrónica e cruenta da caza”.

También te puede interesar