RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

@primaveradocine abre a convocatoria para o a IX edición que se celebrará en Vigo do 5 ao 10 de maio

O Festival Primavera do Cine, referente cultural da cidade de Vigo dende o ano 2012, abre a convocatoria de recepción de películas en sección oficial para a súa novena edición- que se celebrará entre o 5 e o 10 de maio– e, á marxe das proxeccións, levará a cabo unha oferta de actividades divulgativas destinadas ao fortalecemento do audiovisual galego e a cimentar as súas relacións co ámbito cultural lusófono  en tres formatos: curtametraxe, longametraxe e videoclip.

O prazo de envío de traballos abrangue dende 4 de febreiro ata o 5 de marzo de 2020, ambas datas inclusive. O envío formalizarase na web primaveradocine.com ou a través da plataforma movibeta.

Respondendo á identidade do certame, os traballos seleccionados deberán estar producidos por produtoras galegas ou dirixidos por creadores/as de Galicia ou, no seu caso, ter un vículo específico a nivel creativo coa industria audiovisual galega. Mantense tamén a convocatoria destinada a países de fala lusófona que competirán en sección paralela.

O certame ofrece un premio do público por cada categoría e un premio especial do xurado para a mellor longametraxe galega e a mellor longametraxe lusófona.

También te puede interesar