Comarcas

@depo_es remata a colocación dunha barreira de seguridade na estrada entre Tebra e Cristelos, en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10€, “resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos”.

A actuación consistiu na instalación de barreiras de seguridade metálicas dentro dos sobreanchos existentes no dominio público viario co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Deste xeito, instaláronse ao redor de 1.300 metros de sistemas de contención de vehículos cos seus correspondentes abatementos co fin de proporcionar seguridade e certo nivel de contención aos vehículos fora de control que inician traxectorias de saída da estrada, reducindo así a gravidade das consecuencias para as persoas usuarias ou terceiras.

También te puede interesar