Comarcas

@depo_es remata a colocación dunha barreira de seguridade na estrada entre Tebra e Cristelos, en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10€, «resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos».

A actuación consistiu na instalación de barreiras de seguridade metálicas dentro dos sobreanchos existentes no dominio público viario co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Deste xeito, instaláronse ao redor de 1.300 metros de sistemas de contención de vehículos cos seus correspondentes abatementos co fin de proporcionar seguridade e certo nivel de contención aos vehículos fora de control que inician traxectorias de saída da estrada, reducindo así a gravidade das consecuencias para as persoas usuarias ou terceiras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.