RGPD - Cookies
Cultura Destacados

@JRhodesPianist chega este venres a Vigo e defínese en galego coma «o home máis afortunado» por estar na cidade

James Rhodes chega este venres a Vigo. O músico e escritor inglés, que vive en España, mandou este xoves un saúdo, en galego á cidade, na súa conta de Twitter amosándose encantado de estar na nosa cidade. «Mañá voo a Vigo […] E quédome nun dos meus hoteis favoritos. Estou moi emocionado. Unha boa comida, o mar, o aire fresco, un Steinway e un fermoso teatro (Garcia Barbon).Eu son o home máis afortunado».

https://twitter.com/JRhodesPianist/status/1222933119805919232

Eso sí, a James o cambio de nome do teatro non lle gusta nada, «¿Alguén tamén me pode dicir por que cambiaron o nome de (bastante marabilloso) García Borbón a (bastante seco) Afundacion?»,  onde actuará este sábado día 1 de febreiro dentro da súa xira ‘Piano’.

https://twitter.com/JRhodesPianist/status/1222934790690803715

Os que teñan a sorte de gozar deste concerto-as entradas están esgotadas dende hai xa días-  escoitarán ao músico tocar obras de L.V. Beethoven a modo de celebración do ano 2020 como «O Ano Beethoven» por ser o 250 aniversario do nacemento do compositor.

Grazas e benvido, maestro.

También te puede interesar