RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

21 persoas mortas en Galicia a causa da gripe

Dende o principio da tempada de gripe, hai 3 meses, ata o pasado mércores, día 29, morreron por causa da enfermidade 21 persoas en Galicia das cales 20 tiñan indicada a vacina antigripal e 13 delas non estaban vacinadas-o 65%- dacordo co Informe de Viaxianza da Gripe difundido polo Servizo Galego de Saúde.

Os datos do mesmo indican que a tendencia da enfermidade é ‘crecente’ e a súa intensidade ‘media‘ e sinalan que houbo 724 ingresos con gripe confirmada (382 xa dados de alta), 95 con virus da gripe B, 1 con virus da gripe C, 3 con virus B e máis A e 625 con virus da gripe A.

60 persoas requiriron asistencia en Unidade de Coidados Intensivos (UCI.) e de todas as persoas internadas  580 tiñan indicada a vacina, por idade ou por presentar factores de risco para unha gripe complicada, e 322 deles non estaban vacinadas -o 55,5%-.

También te puede interesar