'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

O Goberno galego abre expediente ás eléctricas polos cortes de luz durante os pasados temporais

O director xeral de Enerxía, Anoxo Bernardo Tahoces, adiantou este martes no Parlamento de Galicia, en respostas a preguntas do BNG, que a Xunta vén de abrir  expediente informativo ás empresas eléctricas polos cortes de subministración que afectaron a máis de 400.000 galegos durante os temporais de finais do ano pasado.

Ainda que na maioría dos casos as familias recuperaron o servizo en un máximo de 3 horas, preto de 64.000 usuarios estiveron sen luz entre 12 horas e dous días.

O director xeral sinalou que este expediente servirá para coñecer se as empresas cumpriron coa normativa, se actuaron segundo a súa obriga e, no caso de que non fose así, podería dar paso a un expediente sancionador. Neste senso, a deputada do Bloque Noa Presas, lembrou que hai tres ano un expediente semellante levou a aprobar sancións de 700.000€ a Fenosa por unha infracción grave.

 

También te puede interesar