Destacados Vigo al minuto

Homenaxe en Vigo a Concepción Arenal co gallo dos 200 anos do seu nacemento

A ‘Marcha Mundial das Mulleres’ e ‘Os Ninguéns’, co gallo do 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, “queremos renderlle a homenaxe que se merece o labor social e intelectual desta gran autora do século XIX iniciadora da socioloxía de xénero”.

Segundo os organizadores deste acto-no MARCO, o vindeiro venres, día 31 ás 19:30h.- Concepción Arenal “describiu o sistema sexo xénero” sinalando os aspectos sociolóxicos que están na orixe da situación das mulleres, e tamén na dos homes e na das crianzas nas diferentes clases sociais.

Educación, traballo e criminoloxía son os grandes temas mediante os que se achega a un “coñecemento profundo da sociedade patriarcal deste século”, mostrándoa como unha das grandes sociólogas de xénero do século XIX. “Se non ten o recoñecemento que debería é precisamente por ter feito suxeito do seu estudo as mulleres combatendo a socioloxía androcéntrica.”

“Precursora do feminismo”, dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e “reivindicando a igualdade” en todas as esferas sociais

También te puede interesar