Destacados Vigo al minuto

Homenaxe en Vigo a Concepción Arenal co gallo dos 200 anos do seu nacemento

A ‘Marcha Mundial das Mulleres’ e ‘Os Ninguéns’, co gallo do 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, «queremos renderlle a homenaxe que se merece o labor social e intelectual desta gran autora do século XIX iniciadora da socioloxía de xénero».

Segundo os organizadores deste acto-no MARCO, o vindeiro venres, día 31 ás 19:30h.- Concepción Arenal «describiu o sistema sexo xénero” sinalando os aspectos sociolóxicos que están na orixe da situación das mulleres, e tamén na dos homes e na das crianzas nas diferentes clases sociais.

Educación, traballo e criminoloxía son os grandes temas mediante os que se achega a un «coñecemento profundo da sociedade patriarcal deste século», mostrándoa como unha das grandes sociólogas de xénero do século XIX. «Se non ten o recoñecemento que debería é precisamente por ter feito suxeito do seu estudo as mulleres combatendo a socioloxía androcéntrica.»

«Precursora do feminismo», dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e «reivindicando a igualdade» en todas as esferas sociais

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.