Galicia Vigo al día

Veciños de Teis logran a ampliación da Baixada á Igrexa

Os veciños de Teis, “logo de anos de denuncia do mal estado de conservación dun muro e da estreites na Baixada á Igrexa”conseguiron que o Concello realizase a ampliación nun tramo desta Baixada, sinan dende a Asociación Veciñal.

As obras finalizaron hai varias semanas e consistiron nunha ampliación de 25 metros lineais e cun ancho de 3 metros logo das queixas que apuntaban a que “a estreitez desta baixada impedía o paso de vehículos de emerxencia e con moita dificultade os turismos”. 

“Neste logro foi fundamental a mobilización veciñal, concentracións, unha campaña de recollidas de sinaturas esixindo a ampliación, ou presenza da veciñanza no pleno denunciando o mal estado do vial”.

También te puede interesar