Comarcas

@carmelasilva asegura que Feijóo e Rueda están detrás dos insultos que lle dirixiu o alcalde de Vilanova

A presidenta da Deputación asegurou este martes que o presidente do PP de Galicia e da Xunta, e o seu vicepresidente, e Alfonso Rueda, están detrás da anunciada denuncia contra ela por parte do alcalde de Vilanova-o mesmo que dirixira insultos machistas a Carmela Silva-.

«Quero que a xente saiba que isto é unha estratexia ideada polo señor Feijóo e polo señor Rueda», sinalou Silva, quen engadiu que «xa o fixeron cando gobernaba o bipartito, por tanto, a ninguén lle estrañan estes comportamentos».

Segundo a presidenta- quen asegurou sentir unha «tremenda vergoña» por este comportamento e pediu perdón aos cidadáns porque «haxa persoas así na política» este tipo de polémicas reflicte que o Partido Popular «está moi nervioso» porque «perderon o Goberno do Estado, perderon o goberno da Deputación e van perder a Xunta de Galicia».

Hai que lembrar que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anunciou que emprendería accións penais contra Carmela Silva, á que cualificou de «presunta delincuenta»e da que, asegurou, forma parte dunha trama, dirixida dende a Deputación para paralizar obras e desviar fondos para o Concello de Vigo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.