Galicia Vigo al minuto

@JRhodesPianist esgota as entradas para a súa actuación en Vigo

O músico e escritor inglés, que vive en España, España ofrecerá un concerto dentro da súa xira Piano o vindeiro sábado 1 de febreiro, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. O repertorio estará conformado por obras de L.V. Beethoven a modo de celebración do ano 2020 como «O Ano Beethoven» por ser o 250 aniversario do nacemento do compositor. As entradas xa se esgotaron.
James Rhodes converte o concerto clásico tradicional nunha auténtica experiencia inclusiva na que comparte o seu amor e paixón pola música e consegue que cada un dos membros do público asistente conecte con el e cos grandes compositores que presenta e interpreta. É, ademais, un estupendo e singular comunicador que cunha mestura única de enxeño e sentido do humor comparte coñecementos fascinantes e logra que os temas serios, como a música clásica, se convertan en accesibles para todos.
“Nos meus concertos falo das pezas que interpreto, conto por que as elixín, que importancia teñen para min e en que contexto se compuxeron”, así explica James Rhodes como son os seus recitais no prólogo do seu libro Instrumental. ‘Memorias de música, medicina y locura’, do que leva vendidos máis de 100.000 exemplares e co que obtivo un enorme éxito en todo o mundo.

También te puede interesar