Galicia Vigo al minuto

“O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo”

Ese é o lema co que se presentará Vigo o xoves, día 23, na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra en Madrid. Para o alcalde Vigo amosará as súas propostas logo de transformarse, asegurou, nunha “cidade turística central”. De novo, Abel Caballero fixo mención do tirón do Nadal, que “chegou a Nova Iorque”, e do cal, sinalou, falaron, además dos medios de comunicación españois, os de Francia e mesmo China.

O alcalde tamén presentará en FITUR os concertos de verán, “algún dos cales xuntou a 100.000 persoas” en Castrelos; do Entroido, O Marisquiño, A Reconquista e, sobre todo, das Cíes: coma lugar de visita e coma candidatas a Patrimonio Medioambiental da Humanidade.

 

También te puede interesar