Galicia Vigo al minuto

Menos dunha semana despois de apagar as luces de Nadal o alcalde xa anuncia a Reconquista

A celebración da Festa da Reconquista deste  2020 durará tres días,:do 27 ao 29 de marzo. A representación da destitución do alcalde Vázquez Varela celebrarase o sábado 28 ás 18 horas e a representación da Reconquista da Vila de Vigo terá lugar o domingo 29, tamén ás 6 da tarde.

Non pasou nin unha semana do apagado das luces de Nadal e o alcalde xa adiantou este venres as datas e parte da programación da Reconquista, para a que faltan aínda  68 días. Abel Caballero sinalou que o venres, día 27, dará comezo a parte máis lúdico-festiva do evento, coa apertura do mercado cos diferentes postos a partir das 18 horas da tarde, o sábado representarase a primeira recreación histórica e o domingo a segunda, coa expulsión dos franceses da cidade por parte dos vigueses. Os postos do mercado permanecerán abertos ata as 22:00 horas do domingo, día 29 de marzo.

También te puede interesar