Galicia Vigo al minuto

@Xunta achega 476.000€ en axudas a entidades sociais de Vigo sen ánimo de lucro

A Consellería de Política Social adicará 12,9 millóns de euros, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), a financiar 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda
Galicia.

No caso das organizacións con sede en Vigo, son 13 as que se benefician de achegas por un valor de 476.000€, trátase de: Fundación Érguete-Integración, Asociación Arela, Fundación Aldaba, Asociación galega de familias numerosas, Emaús Fundación Social, Aldeas Infantiles SOS Galicia, Acción Solidaria Galicia (Asdegal), Fundación Tutelar Sálvora, Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, Asociación Xaruma, Remar Galicia, Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo
Valladares e Asociación Párkinson de Vigo.

Segundo o Goberno galego, a través desta orde do IRPF, Política Social axuda ao desenvolvemento de diferentes
programas, entre outros: accións de acompañamento hospitalario, de apoio integral a persoas con discapacidade intelectual, de promoción do voluntariado ou de apoio a persoas e familias en situación ou risco de exclusión social.

Ademais, “a estas accións hai que engadir as que levan a cabo as distintas federacións de ámbito autonómico que teñen implantación en Vigo e a súa contorna. Este é o caso, por exemplo, de organizacións como Cogami, Autismo Galicia, Asociación Parálise Cerebral (Aspace) ou Fademga Plena Inclusión Galicia”.

También te puede interesar