Comarcas

@AsNevesConcello aposta por unha técnica xaponesa para favorecer a reforestación

A Concellería de Ensino de As Neves, como xa fixera o ano pasado, coa colaboración de profesores e especialistas de Viveiros Simbiose, impulsará este 2020, de novo, os obradoiros de “Bombas de sementes”.

Hai uns meses, alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron na elaboración destas ‘bombas’, unha técnica de reforestación orixinaria do Xapón (Nendo Dango en xaponés), que consiste en recubrir  a semente  que se quere prantar con arxila, para protexela da fauna silvestre e crear un ambiente propicio par a súa xerminación.

Os nenos e nenas participantes elaboraron as súas propias bombas de sementes de carballo e centeo, co obxectivo de lanzalas nos arredores do colexio, para reforestar este espazo, que tamén se vira afectado pola vaga de lumes. Deste xeito, as nenas e nenos traballaron e coñeceron os conceptos de repobación forestal ou os ciclos da natureza.

O monte nace na escola

Esta iniciativa forma parte do programa ‘O monte nace na escola’, posto en marcha polo Concello en outubro de 2018-xusto un ano despois dos incendios que que arrasaron o 90% da superficie forestal de As Neves-máis de 4.000 hectáreas-.

O mesmo está pensado para modular unha conciencia ambiental , crear xente formada  esixente que  demande e logre que  que nuestra naturaleza se transforme e que As Neves sexa un concello recuperado.

Para iso, ademáis de centros escolares, coas súas alumnas e alumnos e profesoras e profesores á cabeza, o Goberno local conqueriu que se sumasen ao mesmo empresas privadas, entidades e asociacións veciñais, comunidades de montes, administracións públicas, coma a Deputación de Pontevedra e puxo en marcha proxectos coma a plantación de 10.000  árbores autóctonas nas parroquias de As Neves, preparación de terreos e hortas, creación de sementeiros ou un pulo importante da compostaxe á que se sumaron centos de veciñas e veciños.

También te puede interesar