RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Dous mortos e 78 feridos en accidentes de tráfico en Galicia durante a ponte de Reis

O 061 asistiu durante a ponte dos Reis Magos 80 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres, día 3, e as 12 menos 1 munuto da noite deste pasado luns, 6 de xaneiro.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 4 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e 2 persoas faleceron non lugar do sinistro.

 

También te puede interesar