Destacados Vigo al minuto

Dende o 1 de abril as escolas infantis galegas serán gratuitas para o segundos fillo e sucesivos

Maestros de Educación infantil califican de "disparate" el cambio de protocolo COVID de la Xunta
 O presidente do Goberno galego  confirmou este martes que Galicia iniciará neste 2020 a universalización da Educación Infantil, que permitirá que a partir do 1 de abril as escolas infantís de 0 a 3 anos sexan gratuítas para todas as familias galegas para os segundos fillos e sucesivos.
O presidente Feijóo fixo este anuncio durante unha visita ás instalacións da escola infantil de Santa Susana, en Santiago, un edificio histórico que a Xunta remodelou cun investimento de 1,3 millóns de euros.

Alí, o presidente precisou que a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos implantarase tanto nas 173 escolas públicas da Xunta como nas 260 escolas infantís privadas e de iniciativa social, tanto nas que xa están concertadas a día de hoxe como nas que non o están. Destas últimas, as que desexen voluntariamente adherirse a esta medida contarán co apoio económico do Goberno galego.

Esta iniciativa, pioneira e sen precedentes en toda España, beneficiará ás familias duns 12.500 nenos. Feijóo explicou que para levala a cabo a Xunta investirá neste 2020 máis de 14 millóns de euros.

Ademais, a partir do próximo curso o Goberno galego tamén achegará fondos para facilitar que as escolas infantís municipais poidan introducir a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos. Para acollerse a este beneficio, será preciso que o concello en cuestión non teña débedas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en relación coa obriga de cofinanciar as escolas infantís e centros de día.

Gratuidade da atención infantil no rural

Feijóo lembrou que esta vocación de Galicia de converterse en referente na gratuidade da atención aos nenos desde os seus primeiros pasos non é novidosa, xa que “desde 2016 as familias que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes xa teñen acceso a un servizo 100% gratuíto coas casas niño”.

También te puede interesar