Ciencia y Tecnología Comarcas

@depo_es adxudica o proxecto ‘Labora 2020’, que facilitará a empregabilidade de máis de 300 persoas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar  a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato para a prestación do servizo de formación, no marco de proxecto «Labora 2020», que comprende o desenvolvemento de 21 accións formativas en 9 concellos da provincia, con 6 itinerarios diferentes. En total, a institución provincial destina 751.937,41€.

En concreto, o itinerario «Actividades auxiliares e de almacén», en Barro foi adxudicado á autoescuela Cies, en Cambados a Campus CIP, e no Porriño a Pixfor; no que respecta a «Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais», terá lugar en Vigo a cargo de G12 Grupo Empresarial de Servizos; «Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil», en Pontevedra foi adxudicado a Magnafor Qualitas, e en Vigo a G12 Grupo Empresarial de Servizos (este itinerario conta con dúas edicións en cada concello); «Socorrismo en instalacións acuáticas», tamén será en Vigo a cargo de G12 Grupo Empresarial de Servizos; o itinerario «Operacións básicas de restaurante bar», que terá lugar en Cambados, Soutomaior e en Vigo con dúas edicións, foi adxudicado a Grupo Avantfor; no que respecta a «Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas), en Cangas adxudicouse a Pixfor, en Lalín a Fesan Fundación de Estudo e Análise, en Vilagarcía a Kaeme Consultoría e Prevención, en Porriño a Norformación, en Pontevedra tamén a Norformación, e en Vigo a G12 Grupo Empresarial de Servizos (estes dous últimos concellos contan con dúas edicións).

Todos os itinerarios que conducen á obtención de certificados de profesionalidade contemplan, tamén, a realización de prácticas profesionais non laborais. As accións formativas, terán un mínimo de 10 participantes e un máximo de 15, o que supón que ao redor de 315 persoas se poderán beneficiar de «Labora 2020».

O proxecto, que ten un orzamento total de case 5 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de preto de 4 millóns, ten por obxectivo mellorar a formación,  e a empregabilidade na provincia. Así, «Labora 2020» está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, e minorías étnicas e comunidades marxinadas).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.