Galicia Vigo al minuto

@depo_es a favor da transferencia da AP-9 a Galicia, como aprobou por unanimidade o Parlamento Galego

A Deputación de Pontevedra defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia, de acordo coa resolución reiteradamente aprobada polo Parlamento galego, segundo o anuncio realizado no marco do debate plenario dunha moción presentada polo grupo provincial do PP sobre as peaxes.

O voceiro do grupo socialista, Carlos Font criticou a actitude do PP asegurando que «non imos admitir que o Partido Popular, o responsable da situación da AP-9, actúe con hipocrisía, cinismo e desfachatez». A situación da AP-9, lembrou, débese á ampliación da concesión por 25 anos, aprobada no ano 2000 con Aznar de presidente e con Fraga na presidencia da Xunta de Galicia, e ao convenio con Audasa de 2011, pero tamén ao de 2013 do Partido Popular «e, sobre todo, á inacción da ministra Ana Pastor e do ministro Íñigo de la Serna, que nunca fixeron nada para evitar esta situación realmente discriminatoria».

Concluíu que o balanzo ao respecto da AP-9 dos 7 anos de Goberno do PP é dun baleiro absoluto, «e agora esixen solucións a un Goberno en funcións; non se pode ter máis cara dura política». Amais, o voceiro socialista compartiu a esixencia que o deputado do BNG, Uxío Benítez, fixo ao PP para que dea explicacións públicas da suposta necesidade de tratar este asunto nun pleno extraordinario, «que lle costa miles de euros á cidadanía», cando podería habelo feito na sesión ordinaria. «É unha auténtica vergoña».

Non obstante, tamén destacou a necesidade de que se debata, en sintonía cos compromisos do Goberno en funcións, a transferencia da infraestrutura a Galicia, «tal e como se acordou por unanimidade no Parlamento galego, cousa que vostedes esquecen na súa moción», dixo en referencia ao grupo popular.

Diante desta situación concluíu que a Deputación de Pontevedra «defenderá alá onde haxa que defender, solucións a unha situación de custos para a veciñanza que non é asumible». 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.