Galicia Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello compra tres novos inmobles por preto de 500.000€

Corina Porro, ppresidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), informou este xoves da adquisición de tres novas parcelas por preto de 500.000€ e cunha edificabilidade de 1.000 metros cadrados en conxunto. Trátase dos solares situados na rúa Real 13 e Elduayen 39 e o edificio que ocupa o número 16 de Ferrería.

A primeira delas permitirá recuperar un dos edificios de maior envergadura dos situados na que no seu día foi a arteria principal do primixenio Vigo. Actualmente só mantén en pé a fachada de pedra, unha das máis destacadas da zona baixa do barrio histórico. O Plan Especial de Protección e Reforma Integral (PEPRI) do Casco Vello outórgalle un alto valor urbanístico.

En canto a Elduayen 39, é o segundo solar adquirido nesta rúa polo Consorcio tras a compra no 2018 do número 31. Dada a sua situación nunha das principais vías de conexión da cidade conta tamén cun alto valor urbanístico.

Pola súa banda, Ferrería 16 dispón dun importante volume construído debido a diferente cota entre a fachada e parte traseira cara a Elduayen. Así, conta cunha planta baixa, tres superiores, un ático e tres sotos, se vén se encontra en moi mal estado de conservación.

Por último, Corina Porro puxo en valor o traballo desenvolvido estes últimos anos polo Consorcio do Casco Vello co fin de revitalizar e recuperar gran parte deste importante ámbito urbano, ao tempo que sinalou que co fin de que poidan seguir con este traballo e executar máis actuacións de rehabilitación na zona, a Xunta de Galicia «duplicará» en 2020 a súa achega económica a esta entidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.