Destacados Vigo al minuto

Inaugurada a humanización da rúa Mantelas

O alcalde inaugurou este xoves a humanización da rúa Mantelas logo dunhas obras que actuaron ao longo de 300 metros renovando as tubaxes de abastecemento -400 metros-, de saneamento -300 metros-, augas pluviais -277 metros- e fecais para dotar de «modernidade» a esta rúa.

Abel Caballero explicou que se renovou toda a rede de telecomunicacións, co canleado baixo terra, malia que a compañía eléctrica aínda non fixo uso dela polo que a emprazou a «acelerar e sacar os cables aéreos das rúas poñéndoos nas canalizacións baixo terra que están á súa disposición de balde, non toleraremos que, por desidia dunha compañía, haxa aínda cables ao aire».

Amais, a rúa Mantelas dispón de 15 novos faros de alumeado público, de baixo consumo, bancos e nova sinalización vertical e horizontal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.