RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Un milleiro de persoas protestan ante o Parlamento polo peche do paritorio de Verín

Preto dun milleiro de persoas esixiron este martes, diante do Parlamento de Galicia, a reapertura do paritorio de Verín e das urxencias de Pediatría do hospital comarcal, pechadas dende hai días a causa, segundo o Goberno de Galicia, o seu presidente e o conselleiro de Sanidade,  da falla de pediatras.

Con berros de ‘¡Feijóo escoita Verín está en loita!’, ‘Conselleiro dimisión» ou ‘Manos arriba esto é un atraco’, os concentrados cortaron a rúa do Hórreo-visiados en todo momento pola Policía- e denunciaron os recortes na sanidade pública, o desmantelamento do hospital e o abandono da comarca, ante o cal seguirán coas mobilizacións, se non hai unha solución, durante as datas de Nadal.

https://twitter.com/NosTelevision/status/1206903651874291712

Hai que lembrar que os traballadores do hospital seguen pechados reclamando que se abra o paritorio e as urxencias e xa adiantaron que non deixarán o peche se non hai unha solución que pasa, advirten, pola reapertura inmediata destes servizos.

 

 

También te puede interesar