'Qué te cuentas?' Cultura

A oposición do Porriño alerta de que hai 100.000€ de gastos en prantas de Nadal sen fiscalizar e pendentes de pago

O Partido Popular do Porriño vén de criticar a “falta de planificación orzamentaria da coalición PSOE-BNG” no tocante á programación dos festexos de Nadal. O “dispendio que encadea o Concello do Porriño cada ano nestas datas” acumula gasto pendente de pago pola “falta de dilixencia e planificación do executivo que preside Eva García de la Torre, máis pendente do seu lucimento persoal que de facer unha boa xestión dos fondos públicos e unha programación que satisfaga á veciñanza”.

Segundo o principal partido da oposición no Concello do Porriño, ata o momento o gasto destinado ao Nadal, elementos ornamentais, carpa, animación etc… supera os 111.253€, á falta de engadir o correspondente á Cabalgata de Reis, iluminación e outros eventos incluídos na programación que incrementarán notablemente o gasto.

“O avance de gastos destinados a festexos no presente ano -con data 30/9/2019- supera xa os 370.371€, salientando o feito de que a practica totalidade dos gastos das Festas do Cristo 2019 están ainda sen contabilizar e as cifras ascenderán considerablemente, chegando a duplicarse”.

48.366,12€ en montaxe e fabricación de elementos de Nadal, 17.889,85€ en estructuras de madeira para o Nadal, 18.143,95 euros en estructuras metálicas, 12.045€ en uvas, cestas de Nadal etc… “son algúns dos gastos que se están aprobando este ano mentres os provedores seguen sen cobrar polos servicios prestados anos anteriores e o municipio se atopa totalmente abandonado”.

Para o voceiro popular, “o Goberno local carece de planificación algunha e, como está a facer noutras áreas, actúa por inercia e irresponsabilidade”. Alejendro Lorenzo subliña que estase a acumular gasto cando ainda está sen pagar gran parte do Nadal de anos anteriores”.

“O derroche de máis de 1 millón de euros en festexos no ano 2017, e de outro millón en 2018, ainda se está pagando”. Son moitas as empresas que están a reclamar a súa facturación, entre elas as “contratadas para o subministro de plantas para ornamentación, montaxe  e figuras de Nadal, que superaban os 100.000€ anuais.  Toda esta facturación sigue agochada no caixón”.

Lorenzo advirte de que “devólvense as facturas de anos anteriores, retíranse da contabilidade pero o gasto está ahí. Nada cambiou na forma de xestionar e serán os provedores, empresas e autónomos, quenes paguen as consecuencias”.

También te puede interesar