Galicia Vigo al minuto

Galicia unha das comunidades do Estado con menos persoas ocupadas

Dacordo cun estudo do Grupo Adecco, coñecido este mércores, o número de ocupados en Galicia aumentou este último mes de 2019 até 1,1 millón de persoas-o que supón un incremento do 0,8% en relación ao mesmo mes de 2018, un punto por baixo da media do Estado-.

Das persoas que traballan en Galicia, 584.300 son homes e 521.300 mulleres, aínda que a creación de emprego beneficiou craramente aos homes, que se fixeron con 9.600 postos de traballo ao longo deste ano, mentres que elas perderon 500.

Segundo os datos de Adecco, dende o comezo da crise económica, no ano 2007, Galicia perdeu máis dun 9% de todos os seus postos de traballo, empregos que non se recuperaron nestes 12 anos.

Polo que se refire á creación de emprego nos últimos doce meses, as persoas con título universitario e aquelas que obtiveron a primeira etapa da formación secundaria foron as que antes entraron no mercado laboral e o seu peso dentro da poboación ocupada aumentou en 9.800 persoas, no caso das universitarias e universitarios, e en 13.700 entre os que completaron a educación secundaria.

 

También te puede interesar