Galicia

Ábrese o prazo para solicitar permiso para pescar lamprea no río Ulla

A Consellería de Medio Ambiente, abrirá este mércores o prazo de presentación das solicitudes para poder pescar
lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada. Así figura na orde que regula a práctica desta actividade o ano que vén e que foi publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

A lamprea (Petromizon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, xa que para a súa captura seguen a utilizarse procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies. Esta é a razón pola que cada ano se establece un réxime especial para a súa pesca co obxectivo de que se realice un aproveitamento específico e ordenado da lamprea.

Dentro das pesqueiras tradicionais no río Ulla, existen na actualidade 28 que aínda están operativas. As persoas interesadas en traballar a lamprea nestas zonas deberán estar en posesión da correspondente licenza de pesca e contar co permiso de cuarta categoría para cada día e pesqueira. Como é habitual, xunto con estes permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto, estará sempre a disposición das
autoridades competentes e, unha vez rematada a tempada, terá que ser enviado ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra.

 

También te puede interesar