RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al día

@depo_es múdase ao Casco Vello

Así é:  a sede da Deputación de Pontevedra en Vigo deixa o seu actual ‘domicilio’, na rúa Oporto, a carón do antigo Reitorado, e vaise para o Casco Vello, en concreto para a que era ata hoxe a «Casa da fotografía», propiedade municipal e que o Concello cede á institución provincial.

No acto da sinatura da cesión, este luns co alcalde, Carmela Silva asegurou que este cambio é fundamental «xa que ata o de agora na rúa Oporto, tiñamos un edificio de despachos, que non nos permitía desenvolver actividade e nós queríamos ter presenza na cidade, converter a nosa sede nun espazo para a cidadanía».

Espazo de usos múltiples

A presidenta da Deputación adiantou que en xaneiro arrancará a actividade na nova sede «mudando por completo a nosa presenza na cidade». A presidenta enxalzou o edificio, nun lugar «con enorme potencial«,  e detallou a súa distribución, cun espazo de usos múltiples onde promover accións da Deputación e outras moitas que teñan que ver con colectivos sociais e culturais. Ademais, no soto impulsaranse exposicións, entre outras, «a que o alcalde nos solicitou, relacionada coa fotografía, xa que esta cidade sempre xogo un papel fundamental neste eido».

Cursos e actos ao aire libre

No primeiro andar haberá espazos para cursos de formación e actos, salas polivalentes así como as oficinas de SmartPeme, o proxecto da Deputación para «formar ás persoas emprendedoras, pemes e persoas autónomas, para que empreguen as TIC como instrumento para mellorar os seus beneficios, presenza e internacionalización», tal e como lembrou Carmela Silva. Ademais, o edificio conta cun espazo exterior «marabilloso, que nos vai permitir desenvolver moitas accións ao aire libre, dinamizando deste xeito toda esta contorna e dándolle outra visibilidade á Deputación de Pontevedra».

Pola súa banda Abel Caballero salientou que o cambio vai permitir «que as administracións ocupen en Vigo o seu lugar, espazos estratéxicos e de gran desenvolvemento, e se impliquen coa xente. O anterior edificio era impropio, non se prestaba para ter diálogo entre a Deputación e a cidadanía viguesa».

También te puede interesar