Galicia Vigo al minuto

VigoHistórico sinala as eivas do proxecto do túnel polo centro da cidade

Imaxe:vigohistorico.org/es/O Colectivo VigoHistórico lembra ao Concello de Vigo e a Xunta de Galicia que ainda non respostaron á solicitude de revisión de oficio presentada pola Asociación viguesa para a defensa do patrimonio histórico. O tribunal de contratación de Galicia non a desestimou; simplemente trasladou a Patrimonio da Xunta e o Concello de Vigo o pronunciamento sobre a ilegalidade das obras.

Eivas do proxecto

Dende VigoHistórico lembran que esta solicitude de revisión baseabase nas seguintes eivas do proxecto: o mesmo non reflicte a realidade do subsolo da rúa xa que hai risco de interferencias.; non se axusta ao Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) que indica que Elduayen – Paseo Alfonso son un conxunto de tráfico en superficie. “Para xustificar este proxecto tería que ser modificado o PEPRI. Ademáis, Elduayen é Ben de Interese Cultural (BIC), por ser Casco Vello, e necesita un plan especial para adaptalo a lei de patrimonio”.

Por último VigoHistórico subliña que o proxecto non cumple o requisito de xustificación da necesidade de unha obra de tal envergadura. As argumentacións as que se recurre son xenéricas, non houbo exposición pública e non se informou aos afectados. “Publicar na web do Concello non é suficiente”.

“Vai consolidar o tráfico no centro”

VigoHistórico lembra que o túnel vai consolidar o tráfico no centro de Vigo, “cando a transición ecolóxica pide xusto o contrario. O lóxico sería buscar unha Peonalización que reduza emisións, e non unha simplemente ornamental”.

Desmentindo ao alcalde

Ante as “afirmacións inexactas” por parte de Abel Caballero sobre as súas  propostas, dende VigoHistórico aclaran que “non propoñemos cortar o tráfico de golpe. A nosa proposta consiste en ir reducindo o tráfico particular de manera paulatina, deixando nun medio prazo só o transporte público, que deberá ser preferentemente eléctrico para crear unha zona de baixas emisións”.

Ademáis, o conxunto Porta do Sol – Paseo Alfonso será un espazo flexible, que poderá ser completamente peonil según eventos ou circunstancias que se dean en cada momento ou época do ano. En paralelo, deberanse ir instalando infraestructuras como carriles bici, máis ascensores, declarar rúas de espazo compartido VMP-coches, para ir reducindo o tráfico privado no centro. Só cando estas alternativas de transporte estean instaladas, poderase comezar a desviar algunhas liñas de bus.

“En todo caso, basta facer unha busca en GoogleMaps para desmontar o principal argumento do alcalde a favor do túnel: os buses non tardan 15 min máis en evitar a zona peonil. Como acabamos de explicar, o noso colectivo non pretende penalizar o transporte público, ao revés: pretende darlle prioridade absoluta”.

También te puede interesar