Destacados Vigo al minuto

Empeza este luns a vacinación ampliada fronte a catro serogrupos da meninxite

O 15 de setembro iniciarase o novo calendario vacinal

A vacina da meninxite que se administra dentro do calendario de vacinación infantil aos 12 anos e que ata o de agora
ofrecía cobertura fronte a meningococo C será relevada desde este luns por un preparado ampliado, que protexe tamén fronte aos serogrupos A, W e Y.

A actualización do programa vacinal adoptada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) busca anticipar a prevención das infeccións causadas polo menigococo Y e W, á vista do aumento da súa incidencia observado en países da contorna, como Reino Unido e Holanda. A introdución da vacina tetravalente foi aprobada polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de acordo coas recomendacións da Ponencia de Vacinas.

Ao tempo que se instaura a inmunización aos 12 anos coa nova vacina tetravalente, o Sergas activará un programa extraordinario para facer chegar a protección adicional aos adolescentes que xa foron vacinados no seu tempo fronte ao meningococo C.

Os nados en 2007 que este ano cumpriron os doce anos e veñen por tanto de recibir a vacina do serogrupo C poderán vacinarse fronte aos tres restantes sempre que se deixe pasar un mes desde a administración da vacina monovalente.

Este mesmo ano procederase tamén á recaptación dos adolescentes nados en 2001 e en 2020 e 2021 será o turno,
respectivamente, dos nados en 2002 e 2003 e en 2004, 2005 e 2006. En todo momento estará dispoñible a vacinación para os rapaces de cohortes anteriores que poidan ir quedando atrás, e en 2022 terase completado a recuperación de toda a poboación obxectivo.

Coa vacinación tetravalente en adolescentes preténdese inmunizar ao principal grupo poboacional involucrado no transporte e transmisión do meningococo, acadando protección adicional fronte aos serogrupos W, Y e A, ao tempo que se mantén a xa consolidada no calendario vacinal fronte ao meningococo C.

A inmunización deste grupo obxectivo persegue ademais unha vantaxe comunitaria, en forma dunha crecente protección colectiva por efecto da interrupción da circulación da bacteria e da redución do seu principal reservorio.

También te puede interesar