Comarcas

@ConcelloNigran acaba coas avarías da Avenida de Portugal renovando totalmente a instalación de augas residuais

 O Concello de Nigrán está a rematar a renovación de 215 metros de tubaxe de impulsión de augas residuais na Avenida de Portugal -en A Ramallosa-, poñendo fin aos problemas de constantes avarías na zona -dez neste último ano- debido ao mal estado das mesmas.

Estas obras foron acometidas de urxencia polo Concello ante o perigo inminente dunha gran ruptura que puidese producir filtracións ao río e supuxeron un custe de 63.897 €. Os traballos constaron da substitución por tubaxe de polietileno de 250 mm de diámetro e posterior reposición do asfalto no carril afectado -marxe dereita en sentido a Vigo-.

«Dada a situación ao borde do colapso, optouse pola substitución total de urxencia para evitar males maiores e por fin dunha vez aos constantes problemas», resume o alcalde, Juan González.

Así, o colector de fundición rebasara a súa vida útil tras máis de 30 anos en funcionamento e o propio efecto do intenso tráfico rodado e da abrasión debilitaran profundamente a súa estrutura, producíndose constantes roturas coas consecuentes molestias aos veciños e posibles filtracións á contorna. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.