Galicia Sucesos

79 persoas feridas en accidentes nas estradas de Galicia nunha fin de semana sen mortos

Comeza a 'Operación retorno': isto é o que tes que facer en caso de accidente

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 79 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 29 de novembro e as 12 menos un minuto deste domingo, 1 de decembro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catrosinistros de circulación.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 22 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar