Galicia Vigo al minuto

@carmelasilva presenta en Culturgal o libro ‘María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo’

“Quen sabia de María Vinyals, quen coñecía a María?. Hai unha especie de xustiza poética que nos permite recuperar a figuras históricas como ela.” Con estas palabras presentou a presidenta da Deputación, este sábado en Culturgal, a o libro “María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo”, un ensaio do historiador pontevedrés Diego Piay, editado por Alvarellos en colaboración coa institución provincial.

A obra, que se publicará en tres idiomas (galego, castelán e inglés), parte dunha profunda investigación e relata a vida da pioneira feminista e a súa familia aportando material inédito, tanto documental, como gráfico e de testemuñas orais.

O libro, que repasa polo miúdo as sete vidas que medraron baixo a sombra da fortaleza, en referencias á familia da protagonista, xurdiu da necesidade de aproximar ao público os resultados do exhaustivo estudio do autor que se levou a cabo durante o Proxecto de Musealización do Castelo, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Na súa intervención, Carmela Silva, declarou a súa total admiración por María Vinyals,. “Estamos namorados da figura desta muller e coñecela foi unha das cousas mais fermosas que pasounos nestes anos”. A presidenta provincial definiu a Vinyals como unha avanzada da súa complexa época. “Rachou con clichés e estereotipos. Foi unha muller cultísima, escritora, pintora, que se relacionou con todo o mundo da cultura, feminista, viaxeira e progresista. Unha muller rexa como as galegas e que, aínda sendo tan viaxeira, acabou dicindo que nunca atopara un lugar tan fermoso como esta provincia, algo que eu ratificou cen anos despois”.

Carmela Silva agradeceu o seu marabilloso traballo a Diego Piay “como investigador comprometido, creativo e respectuoso, así como a todos e a todas as persoas que tanto traballaron nesta investigación”.

Nova exposición no Castelo
A aposta da Deputación por María Vinyals continuará en decembro. A presidenta provincial aproveitou a presentación do libro en Culturgal para anunciar que “a partir do día 17 e durante todo o mes de xaneiro” o Castelo de Soutomaior será escenario dunha nova exposición sobre a súa figura. “Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals 1910-1917” será o título da mostra na que, tal e como explicou Silva, abórdase de maneira monográfica os anos nos que Vinyals, o seu segundo marido Enrique Lluria, e os seus fillos/as habitaron no Castelo.

 

También te puede interesar