Galicia Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello compra para a súa rehabilitación un edificio construído hai 100 anos na Subida ao Castelo

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), vén de dar o visto e prace á adquisición do número 9 de Subida o Castelo por 100.000€.

Trátase dun edificio construído hai 100 anos que se asenta sobre un solar de 90 metros cadrados, concibido en dúas alturas pero do que só se conserva a fachada do primeiro andar. Debido o estado de ruína no que se atopaba, os anteriores propietarios do inmoble procederon ao seu baleirado interior.

A edificación destaca pola súa situación preto do Concello e a súa localización nunha das zonas onde a actuación de rehabilitación do organismo é máis intensa. Así, ao marxe das rehabilitacións próximas como as levadas a cabo no denominado Cuarteirón do Castelo de San Sebastián, en Subida ao Castelo o organismo levou a cabo promocións nos números 5-7 e 12 que permitiron crear unha ducia de vivendas.

Nestes intres, o Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 % pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello, está a rehabilitar Elduayen 31, Abeleira Menéndez 16 e Praza do Berbés 41. Asemade, mantén outras propiedades  en diferentes fases administrativas para a súa recuperación e abertas negociacións para novas adquisicións no seu ámbito de actuación e de acordo co contido do Plan de Actuación en vigor.

60 inmobles xa rehabilitados

Desde  2005 o Consorcio Casco Vello de Vigo, adquiríu 78 inmobles situados dentro do seu ámbito de actuación dos cales 60 xa están totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos (7 deles rehabilitados polo Consorcio), 6 están en proceso de construción e en 7, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron os labores de recuperación. Estas actuacións suman 106 vivendas promovidas, das que 93 foron vendidas e o resto están en distinta fase de execución.

En canto aos locais comerciais, interveuse en 32 (6 están vendidos, 10 alugados e 16 baleiros). O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

También te puede interesar