Ciencia y Tecnología Galicia

@Xunta convoca este xoves o proceso selectivo para 31 prazas de biólogos na administración galega

A Xunta de Galicia convoca este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proceso selectivo para a cobertura definitiva de 31 prazas de biólogos na Administración galega. Delas, 27 son de acceso libre e, polo tanto, poderase presentar calquera persoa que cumpra os requisitos. Ademais, a convocatoria establece que 4 das prazas está reservadas
para a quenda de promoción interna, pero que no caso de non seren cubertas, acumularanse ás de acceso libre.

No que se refire aos requisitos, as persoas participantes deberán ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. Así mesmo, teñen que estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de licenciada/o ou graduada/o nunha titulación da rama de ciencias.

20 días hábiles para anotarse

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán que facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala. O prazo para formalizar as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte da convocatoria no DOG.

También te puede interesar