RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Os traballadores esixen a Feijóo que a Xunta tome o control de Barreras

A federación de Industria da CIG de Vigo continuou este martes co seu calendario de mobilizacións, cunha concentración diante da porta do asteleiro, para reclamar unha solución á crise de Barreras que permita o mantemento da actividade industrial e de todos os postos de traballo. 

A protesta coincidiu co anuncio feito pola dirección da empresa de construción naval de que solicitará a disolución da compañía no Xulgado, decisión acordada polo consello de administración «teoricamente para protexer o futuro do estaleiro mentres segue a negociar unha posíbel saída á súa grave crise».

Dende a CIG continúan a demandar que o Goberno de Galicia «tome o control público de Barreras unha vez fracasada a xestión privada».

También te puede interesar