RGPD - Cookies
Comarcas

10 quitaneves e 1.975 toneladas de sal dentro do operativo ante posibles nevadas na provincia de Pontevedra

A Subdelegada  do  Goberno en Pontevedra presentou este martes, no Posto de Mando Avanzado de O Folgoso, a revisión do protocolo de coordinación dos órganos da Administración do Estado, ante as posibles nevadas e fenómenos meteorolóxicos invernais nas estradas da provincia.

Maica Larriba asegurou que, «esta coordinación posibilita activar todos os servizos en caso de necesidade e establecer os parámetros máis correctos e efectivos para mobilizar os medios necesarios en caso do bloqueo das estradas dependentes do Estado en toda a nosa provincia». 

«Dentro das operacións de  vialidade invernal está previsto efectuar tratamentos preventivos e  curativos no firme en situacións de baixas temperaturas nos sectores de autovías, autoestradas e estradas convencionais afectadas, anunciadas polo propio Ministerio de Fomento», engadiu a subdelegada.

Larriba quixo sinalar que, ademais do Posto de Mando Avanzado no que se realiza esta presentación, «a nivel provincial contamos con outros dous, un deles correspondente á zona Norte de Pontevedra, atendendo especialmente portos como o de Santo Domingo e San Martiño e os do Marco e  Xindiriz, e o outro que completa esta distribución de medios, na zona central,  con especial atención ao Porto de O Paraño».

Para esta ocasión, quíxose destacar a presentación do protocolo invernal no terceiro punto de  refererencia correspondente á zona sur coa especial atención do Porto de  Fontefría e  a zona de túneles de Folgoso en A Cañiza. Por iso, estivo presente o alcalde da localidade, Luís Piña, interesándose das fases do proceso de prevención, desde as alertas meteorolóxicas ata os niveis máximos de emerxencia onde se contempla a mobilización da Unidade Militar, se a situación requíreo.

Neste Punto de Mando do sur da provincia compútanse catro camións con depósitos ou  saleros automáticos repartidos entre o centro de conservación de Mos e a zona de túneles. Ademais, as  plantas de salmoira e silos de sal estarán repartidos, non soamente nos puntos citados, senón noutros lugares estratéxicos da  N-120 ao seu paso por A Cañiza e  Paraños.

En total, na provincia de Pontevedra, o plan de emerxencias invernal conta con 10 camións quitaneves, depósitos de 1.975 toneladas de sal e 89.000 litros de salmoira.

Así mesmo, nas autoestradas do Estado en réxime de concesión, cóntase cos seus propios medios dispoñibles. En concreto, na AP-9: 7 quitaneves e 1.375  Tm de  fundentes e na AP-53: 2 quitaneves e 325  Tm de  fundentes. Finalmente,  Maica  Larriba lembrou que o Ministerio de Fomento ten operativo este dispositivo especial para a campaña de  vialidade invernal desde o pasado 1 de novembro,  manténdose activo ata o 30 de abril de 2020″. 

También te puede interesar