Galicia Vigo al minuto

Sanidade realiza un investimento de 900.000€ en novos equipos para os centros de saúde de Vigo

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) está a realizar un investimento de 900.000€ na dotación de novos equipos para os centros de saúde da área de Vigo, tal e como se recolle no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio.

400.000€ para equipamento electromédico

Ata hoxe, adicáronse 400.209€ na compra de equipamento electromédico  para dotar aos centros vigueses de 3 ecógrafos, 50 desfibriladores e 57 electrocardiógrafos, renovando o material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde.

A pasada semana estaban xa instalados os tres novos equipos de ecografía -cun importe  de 38.115€-, nos centros de saúde de Taboada Leal, Teis e Sárdoma, unha renovación que posibilitará a mellora na realización de programas específicos de saúde como: ecografía abdominal, urolóxica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos, que permiten ao profesional de Atención primaria descartar patoloxías no paciente, evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.

Nos próximos días tamén se distribuirán os 50 desfibriladores -adxudicados por 201.394€-, e os 57 electrocardiógrafos, cun custe de 160.700€. Os novos electrocardiógrafos vanse integrar de xeito directo cos sistemas corporativos dos SERGAS, o que permitirá a realización de diagnósticos máis precisos e posibilitará o acceso ao electrocardiograma nativo ao especialista en cardioloxía.

Material de diagnóstico

Ademais de á compra de equipamento electromédico, está prevista a adquisición de «aparataxe de mobiliario clínico e xeral» para as consultas, Así, vaise adquirir tamén novo material de diagnóstico cuxa licitación ascende a 344.850€, integrado por  60 unidades de holter de presión arterial -consistente no sistema para o rexistro, almacenamento e análise da presión arterial de xeito ambulatorio-; 50 espirómetros -dispositivos que miden a capacidade pulmonar-; e 6 retinógrafos- equipo para capturar imaxes da retina sen dilatación pupilar, para a determinación de retinopatías do paciente diabético-.

Tamén está prevista a compra de 420 sillóns de traballo xiratorios con brazo; 2 sillóns de odontoloxía (un deles con equipo de Raios X); 12 dermatoscopios con cámara fotográfica; 109 pulxiómetros; 176 esfigmomanómetros electrónicos de adultos e obesos; 28 básculas con tallímetros; 4 electrobisturís; 47 otoscopios portátiles; 46 unidades de parede oftalmoscopia-otoscopio; 71 padiolas; 17autoclaves sobremesa con mesa, 2 carros de parada, entre outro instrumental.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.