Cultura Destacados

#VigoHistórico colocará zapatos verdes no Paseo de Alfonso para reclamar unha ‘peonalización’ verde da Porta do Sol

O colectivo #VigoHistórico vai proceder a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo Alfonso, para reivindicar unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica, que reduza emisións. O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere  a planificada  co túnel, que é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación.
#VigoEnVerde é o lema desta intervención lúdico-artística, prevista para a tarde do venres, pero que por mor da choiva foi aprazada ó sábado, día 23. A previsión é ter colocados todos os zapatos as 17:30, para reclamar unha peonalización realmente verde, poñer en valor o Paseo de Alfonso, e defender o Camiño de Santiago Portugués pola costa, que quedaría visiblemente deslucido polas ramplas do túnel en Elduayen.
Vigo Histórico leva semanas recollendo zapatos inservibles para pintalos e poder colocalos na rúa, para crear unha imaxe rechamante, que chame a atención da cidadanía viguesa e do Concello de Vigo, ao que se solicita que procure unha alternativa de  peonalización sostible da Porta do Sol, sen afectar negativamente ao patrimonio.

También te puede interesar