Ciencia y Tecnología Destacados

@bngvigo demenda, de novo, a implantación da zona verde no estacionamento regulado da cidade

Coma medida contra o problema de aparcamento no centro e no Casco Vello, o BNG vén de propoñer, unha vez máis, que se habilite unha ‘zona verde’ nestas zonas da cidade reservadas a residentes e “limitadas a algunhas faixas horarias”.

Dende o Bloque sinalan entre esas rúas nas que sería posibel implantar esa ‘zona verde’, Cánovas del Castillo, Carral, García Olloqui, Luis Taboada, Marqués de Valladares, Praza de Compostela, Reconquista, Velázquez Moreno, Progreso, Paseo de Granada, Pracer, Ronda de Don Bosco, María Auxiliadora, Joaquín Loriga, Ecuador, Venezuela, Finisterre, O Pilar, López de Neira, e Taboada Leal.

Segundo subliña o concelleiro do BNG, Xabier P.Igrexas, “a zona verde existe xa en moitos municipios e é un medio eficaz para permitir que en contornas con estacionamento limitado as e os residentes poidan dispoñer dun número de prazas suficiente”.

Ao seu xuízo, esta medida debería acompañarse  pola ampliación das zonas de estacionamento regulado a outros ámbitos próximos ao Casco Vello, tanto na súa parte baixa como alta e nos arredores da Praza do Rei.

También te puede interesar