Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 63 feridas en accidentes de tráfico nas estradas galegas a fin de semana

Excarcelan a un hombre que volcó con su coche en la PO-552, en Oia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 64 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 15, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 17 de novembro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, as ambulancias  asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 48 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar