Galicia Sucesos

Un morto e 92 feridos en accidentes de tráfico a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 93 persoas debido a 73 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 8, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 10 de novembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 90 chamadas en relación cos accidentes de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados polos médicos foron 93. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en nove accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 73 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros de circulación.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 18 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar