Comarcas

@depo_es por en marcha ‘DepoFroitos’ para impulsar o cultivo de froitos de bosque ecolóxico

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto ‘DepoFroitos’, relativo ao cultivo de froitos do bosque ecolóxico, iniciativa que enmarcase dentro de ‘EmpleaVerde’, o programa do Ministerio para a Transición Ecolóxica cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Carmela Silva subliñou que “na Deputación seguimos apostando por iniciativas ligadas á defensa do medio ambiente cara á transición ecolóxica e o apoio ao medio rural, apostando por crear novas actividades que permitan o  mantemento da poboación no territorio, grandes eixos deste mandato”.

O obxectivo xeral do proxecto é impulsar a creación de plantacións de froitos dos bosques ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran
dedicarse a esta actividade. Carmela Silva tamén detallou que “a través deste proxecto crearase un servizo de acompañamento específico para as empresas de nova creación relacionadas co cultivo de froitos do bosque».

A través del proporcionaráselles información e asesoramento na tramitación de axudas e subvencións, na elaboración de plans de viabilidade técnica, económica e financeira, e acompañamento técnico na iniciación dos proxectos empresariais.

Deste xeito, promoveranse as seguintes accións: elaboración de estudos técnicos de parcelas para o posible cultivo de froitos do bosque a través estudos climáticos, edafolóxicos, estudos da auga de rega, do material vexetal, de mercado e de rendibilidade, e creación dunha agrupación comercial para reducir custos e obter maiores beneficios ao situar o produto a prezos máis competitivos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.