Galicia Vigo al minuto

Vigo terá, no Cunqueiro, unha consulta específica para pacientes con migraña

O servizo de Neuroloxía co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) reforzará a atención aos pacientes con migrañas coa posta en marcha dunha nova ‘Consulta de Cefaleas’, que xa nas próximas semanas estará operativa no hospital Alvaro Cunqueiro.

Así o confirmou este mércores o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, na súa visita á exposición sobre esta patoloxía que acolle o hospital.  A nova consulta, a cargo da doutora  María Dolores Garcia Bargo, irá dirixida especificamente á atención desta enfermidade, de gran prevaleza entre a poboación.

Unha enfermidade discapacitante e infradiagnosticada
A migraña maniféstase con ataques recorrentes de cefaleas moderadas ou severas que adoitan ser de carácter pulsátil, a miúdo unilateral e acompañados de náuseas, vómitos e sensibilidade á luz, os sons e os cheiros. A patoloxía supón a sexta enfermidade de maior prevalencia a nivel mundial. 
Lonxe de ser unha simple dor de cabeza, é unha enfermidade neurolóxica complexa e crónica que produce discapacidade, peor calidade de vida e custos socioeconómicos elevados.
En España, afecta a aproximadamente o 12% da poboación, é dicir, a máis de 4,5 millóns de persoas de forma ocasional e case 1 millón de forma crónica, o que supón ter dor de cabeza máis de 15 días ao mes. Isto impacta profundamente na capacidade das persoas para levar a cabo as súas tarefas cotiás. Tanto é así, que a Organización Mundial da Saúde categorizouna como unha das 10 causas principais de anos vividos con discapacidade tanto para homes como para mulleres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.