Cultura

Naturgy, a antiga Fenosa, prescinde do seu servizo en Galego e pon en risco 280 empregos

O servizo de atención ao cliente de Naturgy, tanto de luz como de gas, atendido por Unitono entre A Coruña e Ourense, xeraba até este verán arredor de 400 postos de traballo. Un ERE ameaza os empregos e a atención en galego nunha empresa que extrae en Galicia grande parte da súa produción eléctrica.

O persoal de Unitono foi informado por Naturgy da rescisión definitiva do contrato com Unitono o próximo 15 de novembro, o que afecta a 150 traballadores na Coruña e 130 en Ourense, ademais dos 90 xa despedidos. “Con este ERE desaparecerá a posibilidade de atención en galego dunha compañía que extrae grande parte dos seus lucros da súa actividade en Galicia”, sinalou o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

Ademais segundo indican as traballadoras e traballadores “este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galicia na busca de man de obra barata que non poderá prestar servizos en lingua galega”.

También te puede interesar