Cultura

Naturgy, a antiga Fenosa, prescinde do seu servizo en Galego e pon en risco 280 empregos

O servizo de atención ao cliente de Naturgy, tanto de luz como de gas, atendido por Unitono entre A Coruña e Ourense, xeraba até este verán arredor de 400 postos de traballo. Un ERE ameaza os empregos e a atención en galego nunha empresa que extrae en Galicia grande parte da súa produción eléctrica.

O persoal de Unitono foi informado por Naturgy da rescisión definitiva do contrato com Unitono o próximo 15 de novembro, o que afecta a 150 traballadores na Coruña e 130 en Ourense, ademais dos 90 xa despedidos. «Con este ERE desaparecerá a posibilidade de atención en galego dunha compañía que extrae grande parte dos seus lucros da súa actividade en Galicia», sinalou o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

Ademais segundo indican as traballadoras e traballadores «este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galicia na busca de man de obra barata que non poderá prestar servizos en lingua galega».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.