Galicia Vigo al minuto

Concentración para reclamar, de novo, a gratuidade da autoestrada do Val Miñor

O BNG convocou este sábado un acto reivindicativo da gratuídade da AG-57 para denunciar a «discriminación» que, por parte do goberno do PP, sofre o Val Miñor a respecto doutras comarcas como O Morrazo ou O Salnés, que desfrutan de autovías autonómicas gratuítas.

Para o Bloque, se estivera libre de peaxes, a AG-57 serviría de circunvalación ao Val Miñor, mellorando a
mobilidade xeral na comarca e eliminando o tráfico de paso polos núcleos urbanos. Desconxestionaría as estradas Vigo-Baiona, evitando atascos na Ramallosa, principal nó de conexión dos tres concellos; e Vigo-Gondomar, ao seu paso por Vincios, humanizando a parroquia. Contribuíndo a mellorar a calidade de vida e reducir a siniestralidade e os riscos asociados a este tráfico, que en moitos casos é tráfico pesado.

Así mesmo, serviría de conexión directa, rápida e gratuíta co hospital Álvaro Cunqueiro, e con outros centros médicos, de ensino, administrativos e de servizos da área de Vigo; e melloría a competitividade e a conectividade dos parques empresariais da Pasaxe-Vincios (Gondomar) e de Porto do Molle (Nigrán), e destes coa AP-9.

O BNG aposta polo rescate de AG-57 e a súa xestión pública

Os concentrados denunciaron tamén a «ridiculez e irrelevancia» da medida anunciada por Feijóo de reducción nas
peaxes en horario nocturno xa que «ten unha incidencia mínima na mobilidade e os desprazamentos que realiza a veciñanza do Val Miñor tanto por razóns de traballo como para as diversas xestións persoais -de saúde, ensino, administrativas ou de lecer-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.