RGPD - Cookies
Comarcas

@ArboConcello logra o compromiso da @Xunta para acometer a finalización de varios proxectos en distintas parroquias

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que lle trasladou o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

Segundo o acordado na reunión, a consellería financiará as obras de reforzo de firme e unha senda neste tramo da travesía de Cequeliños. Pola súa banda, o Concello de Arbo se compromete a asumir a titularidade deste antigo tramo da PO-400. 

Saneamento e abastecemento

A conselleira tamén se comprometeu que o departamento que dirixe mantén a súa colaboración para encamiñar as solucións aos problemas que presentan os  sistemas de abastecemento no núcleo de Arbo e para dotar de saneamento ao núcleo de A Valouta na parroquia de San Cristóbal. 

Neste eido, Ethel Vázquez indicoulle que está practicamente rematado o estudo de actuacións para á mellora da captación de Arbo, e que foi contratado este mesmo ano a través de Augas de Galicia por un importe de 18.000€. 

En paralelo a estes traballos, comunicoulle ao alcalde que o organismo hidráulico da Xunta está a tramitar a contratacións das obras de impermeabilización de depósitos para tentar paliar as perdas de auga do sistema de abastecemento neste núcleo. O investimento previsto superará os 48.000€.

No que se refire ao saneamento no núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal, Ethel Vázquez expresou a disposición da Xunta para tramitar a contratación da redacción deste proxecto.

O alcalde manifesta que co compromiso da Conselleira de Infraestrutura e mobilidade no reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400 na parroquia de Cequeliños mellorarase a seguridade nese tramo de estrada o igual que ocorreu coas obras da rotonda da Vila en Arbo financiada o 100% por esta Conselleria.

También te puede interesar