RGPD - Cookies
Galicia

#10N Segundo o CIS o Partido Socialista gañaría en Galicia con 10 escanos, un máis que o PP

Segundo o sondeo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), difundido este martes, o PSdG-PSOE gañaría as Eleccións Xerais do 10 de novembro en Galicia, con 10 escanos, un máis que o Partido Popular que obtería 9.

Os socialistas lograrían 2 deputados en Lugo, outros 2 en Ourense, manterían os 3 que teñen en Pontevedra e subirían a 3 en A Coruña, a costa de Ciudadanos, que só conservaría o de Beatriz Pino na provincia de Pontevedra.

O Partido Popular lograría tres deputados en  A Coruña e 2 en Lugo, Ourense e Pontevedra, mentres que En Común – Unidas Podemos seguiría tendo a Yolanda Díaz como deputada por Pontevedra e mesmo podería sumar outro representante ao escano Antón Gómez Reino por A Coruña.

Os datos do CIS indican que o BNG volvería a quedarse sin representación, aínda que outras enquisas apuntan a que podería facerse cun deputado por A Coruña.

También te puede interesar